Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

A obra de reforma do Instituto Murguía de Sabón supón reducir, de media, o consumo de enerxía á metade

A Consellería de Educación destinou máis de 1,2 millóns de euros a executar unha rehabilitación integral do centro

Instante de la visita al instituto arteixán
Instante de la visita al instituto arteixán
QUINTANA
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Os traballos, o mesmo que as súas inevitables molestias, prolongáronse todo un ano pero as consecuencias, polo menos para a Consellería de Educación, serán beneficiosas no plano económico. A reforma levada a cabo no Instituto Manuel Murguía, no núcleo arteixán de Sabón, supoñerá reducir o consumo de enerxía nun 50%, porcentaxe similar á diminución de emisións de dioxido de carbono.

O titular deste departamento autonómico, Román Rodríguez, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, visitou o centro educativo unha vez finalizada a súa rehabilitación na que se investiron máis de 1,2 millóns de euros.

“Isto redunda non só nunhas instalacións máis respectuosas co medio ambiente, un dos obxectivos prioritarios do Plan de nova arquitectura pedagóxica, senón tamén nun maior confort térmico para toda a comunidade educativa”, sinalou Rodríguez.

Actuouse tanto no edificio principal como no aulario de Bacharelato e no ximnasio. En todos eles mudáronse as cubertas, colocando 1.895 metros cadrados de nova cubrición de panel sándwich de chapa de aceiro galvanizado con recheo de escuma de poliuretano e outros 176 metros cadrados de cubertas planas. Así mesmo, aplicouse illamento térmico nos 2.523 metros cadrados de fachadas mediante a colocación de sistema SATE.

No referido ás carpinterías metálicas, instaláronse 122 fiestras e 17 portas novas de aluminio con rotura de ponte térmica con vidros dobres; así como 523 luminarias led, ademais de executar outros traballos complementarios.

Inversión no concello

O titular do departamento educativo da Xunta destacou o compromiso coas instalacións educativas do concello de Arteixo, onde se están a investir máis de 3,8 millóns ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica. “Non en balde está en execución tamén a ampliación do Instituto A Pastoriza, cun orzamento de case 2,1 millóns, e coas obras moi avanzadas”, dixo.

Así mesmo, renovouse a cuberta do Colexio Ponte dos Brozos, unha intervención rematada recentemente por importe de máis de 400.000 euros, entre outras melloras nos colexios e institutos da localidade.

Pola súa parte, o alcalde arteixán agradeceu a visita do conselleiro e aproveitou para reclamar a todas as administracións que colaboren na mellora e mantemento dos centros educativos municipais.

A estadía de Román Rodríguez en Arteixo levouse a cabo 24 horas despois de manter un encontro en Carral co rexedor José Luis Fernández Mouriño. No municipio carralés anunciou que se vai levar a cabo unha reforma no colexio Vicente Otero Valcárcel cunha inversión de 1,4 millóns de euros. A mellora centrarase na construcción de seis novas aulas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620