Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

Xurxo Souto e Xabier Maceiras realizarán un roteiro sobre 'A Pedra que Fala' de Loureda, Arteixo

Entorno da Pedra que Fala, en Loureda
Entorno da Pedra que Fala, en Loureda
XABIER MACEIRAS
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Os escritores Xurxo Souto e Xabier Maceiras conducirán o vindeiro 12 de setembro (10.30 horas) un roteiro por Arteixo arredor da 'Pedra que Fala' de Loureda. Na provincia da Coruña hai varios lugares que se denominan 'A Pedra que Fala' -formacións pétreas con particularidades acústicas vinculadas ao patrimonio arqueolóxico e á tradición oral- e o colectivo aCentral Folque promove varias actividades sobre elas.

"En Arteixo temos unha 'Pedra que Fala' na parroquia de Loureda e guiaremos, coa colaboración da Asociación Cultural Loureda, un roteiro literario. Sairemos do centro social do Foxo e visitaremos varios puntos de interese da contorna, entre eles esta 'Pedra que Fala'", sinala Maceiras, que estará acompañado polo artista e activista cultural Xurxo Souto.

Esta nova produción de aCentral Folque, 'Rupestre Sonoro', pasará tamén por Mañón, Teo e Trazo, onde, como en Arteixo, "as características de cada pedra e o seu contexto arqueolóxico, paisaxístico e cultural serán o punto de partida para intervencións artísticas que buscan establecer unha relación única co espazo e coa súa memoria", destaca a organización.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620