Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

As rutas mariñeiras coas que descubrir o litoral arteixán

As andainas comezan o venres 15 de maio e extenderánse ata o domingo 21 de xuño

Playas Arteixo 2.-17 Grande
Unha imaxe da costa arteixá que forma parte das rutas mariñeiras 
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Arteixo continúa apostando pola divulgación do patrimonio natural, cultural, pesqueiro e marítimo do litoral a través das rutas guiadas 'Historias do Mar' e 'Biodiversidade', dúas propostas pensadas para achegar á cidadanía a riqueza ambiental e histórica da costa arteixá.

As actividades desenvolveranse entre os meses de maio e xuño e combinan senderismo interpretativo, observación da natureza e patrimonio local. As rutas, que teñen unha duración de entre unha e dúas horas, están abertas ao público e contan con 25 prazas por itinerario. As primeiras accións, comezan este venres 15 de maio con 'Historias do Mar' ás 17:00h e seguen o sábado co percorrido 'Biodiversidade' ás 11:00h.

A ruta 'Historias do Mar' permitirá ás persoas participantes descubrir algúns dos episodios e espazos máis singulares da costa arteixá. A actividade partirá do Centro Mar de Sorrizo e incluirá paradas en diferentes puntos de interese como o tramo de costa de cantís, unha zona salvaxe e pouco transitada con vistas sobre o litoral, ideal para a observación de aves como o corvo mariño ou a gaivota argéntea. A ruta tamén chega ata a Fervenza de Augacae, un salto de auga que desemboca directamente no mar no límite municipal entre Arteixo e A Laracha, e rematará no porto de Sorrizo, onde se poden observar os vestixios do pasado artesanal e mariñeiro das embarcacións de pesca.

Pola súa banda, a ruta 'Biodiversidade', ofrecerá unha aproximación á interpretación ambiental do litoral a través dun percorrido circular. O roteiro partirá do aparcadoiro da praia de Alba, desde onde tamén se poderá contemplar unha panorámica do Porto Exterior de A Coruña, entre outras paradas de interese emblemáticas da contorna como o Monumento ao Voyeur, máis coñecido como 'O Vixiador' ou os areais de Repibelo, A Salsa e Valcobo, nos que as persoas participantes deteranse a observar aves mariñas e cetáceos e que rematará coas impresionantes vistas xunto ao mirador do Illote da Herbosa.

As seguintes saídas da ruta 'Historias do Mar' celebranse os días 30 de maio (en horario dobre) e o 7 e 14 de xuño, e as de 'Biodiversidade' terán dúas citas máis en maio os días 22 e 24 e outras dúas en xuño o 6 e 21. Os horarios variarán en función do día de realización, podendo ser en hoario de mañá (11.00h) ou de tarde (17.00h).

Os roteiros son de balde e as persoas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace: https://arteixo.org/servizos/turismo/

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620