Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

A ‘Muiñeira de Santaia de Moar’ será a peza que se bailará no Día da Muiñeira de Arteixo que organiza Xiradela

Nove agrupacións daranse cita na tarde do vindeiro domingo, 10 de maio, no Paseo do Balneario

Imaxe de arquivo Día da Muiñeira Arteixo 2
Imaxe de arquivo Día da Muiñeira Arteixo 2
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A 38ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que ano tras ano organiza a A.X. Xiradela, terá lugar o vindeiro domingo, 10 de maio, a partir das 18.00 horas no Paseo do Balneario. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Campo da Festa como xa ten acontecido en anos previos. A peza escollida para esta ocasión, e que executarán de xeito conxunto todos os grupos de baile, é a ‘Muiñeira de Santaia de Moar”.

O Día da Muiñeira de Arteixo suma, con esta, 38 edicións poñendo en valor esta peza tradicional e reunindo ao son deste ritmo a bailadores chegados de diferentes puntos da contorna. “Será, como en anos anteriores, unha tarde na que a música e o baile tradicional van ser protagonistas a pé de rúa para goce da veciñanza e visitantes que veñan por Arteixo o domingo, pero nomeadamente para as bailadoras e bailadores que participarán nesta edición do ano 2026”, comenta Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela que organiza un ano máis esta cita.

Nesta ocasión participan nove agrupacións. Estímase que ao redor de 200 persoas estarán bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público poderá seguir ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, polo que se agarda unha tarde con moito ambiente no concello arteixán.

Cartel Día da Muiñeira
Cartel Día da Muiñeira
Cedida

“O noso folclore está moi vivo e as novas xeracións, que son as grandes protagonistas do noso Día da Muiñeira, son proba diso. Queremos sumar para que a xente desfrute da nosa cultura, gozar do noso nas rúas das nosas vilas e cidades, apunta Uxía Verdía.

A lista de agrupacións que tomarán parte do XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo está formada por:

  1. Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (A Coruña)
  2. A.C. Garrulaxe de Cecebre (Cambre)
  3. Asociación Cultural Nemeth (Carballo)
  4. A.C. Santa María de Torás (A Laracha)
  5. A.M.D.T. Queiroa (Sada)
  6. A.C. Trubisquiña (Vimianzo)
  7. Escola Municipal de Folclore Azougue de Betanzos (Betanzos)
  8. Asociación Cultural A Marola (Oleiros)
  9. A.X. Xiradela (Arteixo)

Cada grupo terá reservado un espazo concreto ao longo do Paseo do Balneario onde se irán colocando ao arranque do acto. Ata en tres ocasións bailarán os grupos a ‘Muiñeira de Santaia de Moar’ a un tempo. Santa Eulalia de Moar, chamada oficialmente Santaia de Moar, é unha parroquia do concello coruñés de Frades.

Cada un deses grupos executará os puntos e as voltas que elixiu para esta actuación. Entre cada un dos tres pases haberá un descanso. A adaptación da peza contará con catro puntos e cinco voltas.

Nesta cita dominical, organizada pola A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Comercial Sánchez Vado.

Ao final da cita as asociacións participantes recibirán un detalle en lembranza pola súa participación. Tamén se lles repartirá unha merenda aos bailadores participantes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620