Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

O BNG de Arteixo estrea candidato para as municipais de 2027: "Quero un Concello que escoite"

Carlos López Cotelo, candidato do BNG en Arteixo
Carlos López Cotelo, candidato do BNG en Arteixo
QUINTANA
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
LICEO-620X50

O BNG de Arteixo presentou este mércores aos medios de comunicación ao seu novo candidato para as eleccións municipais de 2027, Carlos López Cotelo, veciño de Arteixo de 31 anos que vén a substituír a Xurxo Couto e que milita na organización desde os 16 anos. 

"Quero un Arteixo que poña ás persoas no centro, un concello próximo e que escoite. Onde vivir non sexa un problema. Que non sexa só un lugar para traballar", explicou López, soldador de profesión e nacido en Cabana de Bergantiños. "Levo toda a vida ligado ao Bloque, xa meu pai foi militante. Con 13 anos meus pais viñeron vivir a Arteixo e aquí comecei como responsable local de Galiza Nova. De feito, non puiden ir nunha lista de Silvia Seixas porque aínda era menor de idade", lembra o candidato.

Agradece "o intenso labor durante todos estes anos" de Xurxo Couto e o seu número 2, Raúl Fernández, aos que está a pedir "todos os consellos". Para Couto, Carlos López é "o candidato ideal": "É un militante de vello aínda que é novo, coñece a problemática de Arteixo, ten forza, ganas e as ideas claras. Escollémolo de forma unánime".

López Cotelo aposta, ademais, por un mellor mantemento das zonas públicas. "Agora que están cerca as eleccións Calvelo xa está pensando en obras, en construir, pero ten os parques infantís caendo ou áreas recreativas como a do Seixedo completamente mortas", manifesta, e sinala que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é outra das súas prioridades para "organizar o urbanismo caótico de Arteixo".

O novo candidato destaca entre os seus referentes, ademais dos mencionados Couto e Fernández, a David Cancela, do BNG de Cabana de Bergantiños, e a Ana Pontón: "É o noso buque insignia, aínda que doutras parlamentarias como Olalla Rodil ou Ariadna Fernández tamén hai moito que aprender", sinala.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina