Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Abegondo

A Xunta destaca en Abegondo o éxito dos programas de emprego autonómicos

José González visitou Gueixade, onde se rehabilita a Casa do Lagoeiro cun 'obradoiro' dual

Visita á Casa do Lagoeiro de Gueixade
Visita á Casa do Lagoeiro de Gueixade
MONCHO FUENTES
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, comprobou este xoves en Abegondo os avances do obradoiro dual 'Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV' —levado a cabo por este concello xunto cos de Bergondo, Carral, Oza Cesuras, Paderne e Sada— e dos traballos no marco do programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo', cun investimento autonómico conxunto superior aos 600.000 euros. Alí destacou que este mes de outubro se acadarán os 27 obradoiros duais en marcha na provincia da Coruña para o período 2026-2027, cun total de 530 persoas participantes e unha achega da Xunta de 13,2 millóns de euros.

Acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o conselleiro encadrou ambas iniciativas na imprescindible colaboración coas entidades locais. 

No caso do obradoiro dual, 10 das 20 persoas participantes estanse formando e actuando no campo das repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, e as outras 10 en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción e de albanelería de fábricas e cubertas. Este segundo grupo é o que os representantes autonómicos viron traballar hoxe, concretamente na rehabilitación da antiga Casa do Lagoeiro de Gueixade.

En Abegondo están previstas outras actuacións no patrimonio e equipamentos municipais, como melloras no local social de Meangos. Na área forestal, avanzarase na xestión da biomasa, acondicionamento de espazos verdes e plantación de especies frondosas, entre outras contornas, no Monte e en Sarandós. A isto hai que engadir as actuacións previstas nos outros concellos implicados, subliñou González.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620