Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

Artesanía, cabalos, flores e música tradicional para celebrar o Día das Letras nas comarcas

Culleredo encheuse de produtos artesáns e actividades para celebrar o Día das Letras Galegas
Culleredo encheuse de produtos artesáns e actividades para celebrar o Día das Letras Galegas
Quintana
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

As comarcas de A Coruña e Betanzos celebraron por todo o alto o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, con feiras, actuacións de música tradicional, exhibicións cabalares e outras propostas. Máis de 60 postos instalaráronse na praza Europa do Burgo (Culleredo) con artículos de roupa, complementos, agasallos, bonecos, decoración ou bixutería, todos de carácter artesanal. 

O evento, organizado pola Concellería de Cultura cullerdense, prolongouse durante todo o día e contou coa música das agrupacións locais Catalmibre e Ancoradoira e o alcalde, José Ramón Rioboo, destacou a alta participación da cita, que “pon en valor o talento dos artesáns”. 

En Paderne tamén houbo pandeiretas e gaitas, e o Goberno de Sergio Platas aproveitou para entregar os premios do seu III Certame de Relato Curto. Na categoría xuvenil gañou Daniel Izan Vázquez, mentres que na categoría xeral fíxose co premio Rocío Cal, e o alcalde agradeceulles a ambos “o compromiso con Paderne, co idioma e coa literatura”. 

Paderne Día das Letras Galegas
Actuación musical en Paderne
CEDIDA

Feira do Tres

Vilarmaior amosou un ambiente espectacular para a tradicional Feira do Tres, que viviu a súa XXXVII edición e que contou con mercado, exposicións florais e concursos de cans e de cabalos –nas modalidades de andadura tradicional galega, raza pura galega e cabalos cruzados–. 

Para pechar a xornada, Nayla Ferreiro realizou un espectáculo de doma que congregou a numerosos asistentes.

Feira do Tres Vilarmaior
Feira do Tres en Vilarmaior
CEDIDA
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620