Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

Lucía C. Pan, Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía: "Tiñamos o álbum 'Nós' trillado de tanto andar adiante e atrás"

Premiada por ‘Antes de nós’, obtén o seu quinto galardón convencida de que “o audiovisual galego sempre foi un pequeno milagre” e que, neste momento, “estamos nunha calidade superior”

Lucía C. Pan, co seu quinto Mestre Mateo
Lucía C. Pan, co seu quinto Mestre Mateo
Academia Galega do Audiovisual
beowner620V2
COLIMA 620v2
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Cambresa de Meixigo, Lucía C. Pan é historia dos Mestre Mateo. O seu nome volveu soar alto e claro o sábado, na cerimonia do audiovisual de Galicia, que nesta edición se celebrou no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo. En concreto, na categoría de Mellor Dirección de Fotografía, na que se impuxo unha vez máis, e van cinco desde 2018. Daquela, sen acadar aínda o ecuador da trintena, converteuse na primeira muller en vencer neste apartado para orgullo de todo Cambre. Non se acomodou entón e, cargada de emocións e moito esforzo, segue medrando: “Estou moi feliz porque ademáis había traballos moi potentes”, explica, ao tempo que admite sentir “orgullo e tamén un pouco de medo” por manter o nivel de esixencia porque para ela, o recoñecemento dos compañeiros supón non só cariño, senón a confirmación de estar “nun bo nivel de traballo, nunha calidade superior”, engade Pan.

“Estou moi feliz porque ademáis había traballos moi potentes”Lucía C. Pan

A artista ten clara a evolución do sector en Galicia. Considera que o audiovisual galego atravesa un bo momento en termos de calidade, froito dun proceso de mellora constante nos últimos anos. “Teño a sensación de que cada ano melloramos”, afirma. Segundo explica, os equipos medran profesionalmente, asumen retos máis ambiciosos e evitan caer en fórmulas repetitivas. “Aprendemos máis e intentamos ser mellores”, resume, destacando tamén o orgullo colectivo polo camiño percorrido.

Porén, esta evolución creativa non sempre vai acompañada dos recursos necesarios e, neste sentido, recoñece que Galicia non é das comunidades nas que resulta máis doado producir, o que obriga a buscar alternativas. “O audiovisual galego sempre foi un pequeno milagre”, sinala Pan. 

A financiación, especialmente no cinema de autor e independente, continúa a ser un proceso complexo e prolongado no tempo donde, segundo indica, os proxectos adoitan depender de coproducións con socios nacionais e, cada vez máis, internacionais. 

A profesional destaca o esforzo das produtoras, que deben acudir a mercados internacionais para completar os orzamentos, nun sector que define como “moi caro” e que require equipos amplos e altamente especializados: “Desde que me contactan ata que conseguimos rodar, pasan anos”, sinala Lucía C. Pan.

O audiovisual galego sempre foi un pequeno milagre”Lucía C. Pan

A creadora recibiu o Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía polo seu traballo en ‘Antes de Nós’, dirixido por Ángeles Huerta e con guión de Pepe Coira. A película propón unha visión diferente de Castelao, afastada do enfoque histórico ou político máis habitual, para centrarse na súa dimensión máis humana e, como no seu momento fixo ‘Dhogs’, na que tamén estivo Pan, obtivo 13 galardóns, a cifra record dos Mestre Mateo.

Lucía C. Pan destaca que o seu proceso creativo estivo moi ligado á visión da directora. “Eu traballo moito co que os directores queren transmitir”, explica. 

Neste caso, foi Huerta quen realizou a investigación e lle trasladou a súa interpretación da figura de Castelao, especialmente na súa relación coa súa muller, Virxinia Pereira. “Antes que artista e político, era moi boa persoa”, insiste Pan.

“Antes que artista e político, era moi boa persoa, e con Virxinia conforma un equipo indestrutible”Lucía C. Pan

Ademáis, “descubrín moitísimo a Virxinia a través desta película”, recoñece, subliñando a importancia desta relación como eixo emocional da historia. A cinta aborda momentos complexos da vida da parella –como a perda dun fillo, o exilio ou as dificultades persoais–, construíndo o retrato dun “equipo indestrutible”. 

No plano visual, ‘Antes de nós’ bebe directamente da obra artística de Castelao. O equipo apostou por integrar referencias ás súas viñetas, non de forma decorativa, senón narrativa: “Ángeles e mais eu tiñamos trillado o álbum ‘Nós’ de tanto andar adiante e atrás’, asegura a artista: “Queríamos utilizalas só cando tivesen sentido dentro da historia”, explica Pan. 

Así, a película combina ilustracións coñecidas con outras menos populares, construíndo secuencias que dialogan directamente co universo visual do autor.

En canto á recreación histórica, supuxo un reto engadido, especialmente pola limitación orzamentaria porque “as películas de época son moi difíciles e custosas”, lembra. 

Ademáis, respecto ás localizacións, indica que, aínda que inicialmente se pensou en rodar en sitios reais como Rianxo, o equipo acabou percorrendo boa parte de Galicia na procura de espazos axeitados. Así, o traballo de localización foi clave, con escenarios en Pontevedra, Catoira, A Estrada, Rianxo ou Silleda. “Foi un dos procesos nos que máis tempo investimos na preprodución”, asegura, destacando a complexidade de atopar exteriores que encaixasen. “Foi incríble”.

Na actualidade, atópase xa inmersa nun novo reto cinematográfico: unha longametraxe dirixida por Giselle Llanio e producida por Sara Horta, de Indíxena Films, coa colaboraicón de Aquí y Allí, entre Galicia y Madrid. O proxecto está aínda nunha fase inicial, pero con prazos axustados. “Imos un pouco apurados, rodamos en maio”, comenta.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620