Salud, servicios y vivienda: la carta a los Reyes Magos de los alcaldes del área de A Coruña

A pocas horas de la llegada de los Reyes Magos, diez alcaldes del área metropolitana de A Coruña han elaborado sus cartas con peticiones en las que no faltan la salud para todos los vecinos y la llegada de nuevas inversiones a los municipios desde otras administraciones como el Estado o la Xunta.
La mejora de los caminos y carreteras, el crecimiento sostenible, servicios públicos de calidad y el aumento del parque inmobiliario local para atraer población son otras de las propuestas llegadas desde los municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Miño, Oleiros y Sada.
En cuanto a proyectos concretos, Carlos Calvelo pide al Estado que ejecute los enlaces para eliminar el tráfico pesado de Meicende y Suevos, mientras que Miño pide un nuevo instituto, Carral un centro de día y Oleiros reclama retomar las obras de la Vía Ártabra o ampliar A Pasaxe, entre otros.
José Antonio Santiso (Abegondo)
"Que sexa un ano memorable para Abegondo en materia de benestar. Disporemos dun novo centro de saúde en pleno funcionamento, que era unha necesidade histórica. Reformaremos o polideportivo de forma integral, abriremos o Pazo da Cultura e avanzaremos nas vivendas para a mocidade. Que Abegondo siga dando pasos nesta idea de vivir na natureza con servizos de calidade. E moita saúde para os veciños, que iso é o principal".
Carlos Calvelo (Arteixo)
"Que el Estado ejecute el proyecto de los enlaces en Meicende y Suevos para acabar con el tráfico pesado de mercancías peligrosas en la cercanía de los núcleos de población. Y que las obras que el Gobierno ejecuta en Arteixo beneficien también a sus vecinos".
Alejandra Pérez Máquez (Bergondo)
"Saúde para todos e que Bergondo medre de forma sostible. Tamén a modificación urbanística para San Cidre, a execución do Plan Especial do río Maior, a necesaria contención dos noiros do Regueiro, que o Plan Xeral avance con paso firme e que o Ministerio de Transportes reconsidere o actual proxecto de supresión do baipás de Infesta para que non se mutile o territorio nin se prexudique á nosa veciñanza: queremos unha solución xusta e sensata".
María Barral (Betanzos)
"Que 2026 sexa tan bo coma 2025 para Betanzos. Continuar coa rehabilitación e posta en valor do casco histórico, con novos espazos públicos, e mellorar os servizos en todos os barrios e no rural. Tamén novas infraestruturas deportivas ou sociais como un centro de día e o Centro de Información á Muller. Que Betanzos continúe nesta senda de mellora e dinamismo, que sexa un pracer vivir aquí e visitar esta cidade".
Diana Piñeiro (Cambre)
"Dende este goberno pedimos ilusión, traballo e compromiso de futuro. Somos Cambre e somos un gran concello. O noso gran desexo é ofrecerlles aos veciños uns orzamentos ambiciosos coa fin de solventar as necesidades do concello".
José Luis Fernández Mouriño (Carral)
"La mejora del CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel, que se ejecuten las gradas en el campo de fútbol de Os Capelos, que Carral tenga un nuevo centro de salud y un centro de mayores y el arreglo de la depuradora de O Quenllo, proyecto del que esperamos tener buenas noticias este mes de enero".
José Ramón Rioboo (Culleredo)
"Un ano repleto de saúde e boas novas. Que 2026 traia o impulso definitivo para Culleredo en forma de investimentos na zona urbana e rural e unha resposta axeitada da Xunta ás nosas peticións, sobre todo na reforma dos colexios e no acondicionamento das estradas. Que o goberno da Xunta deixe de discriminar a Culleredo e que nos escoite, sen primar as actuacións nos municipios da súa cor política".
Manuel Vázquez Faraldo (Miño)
"Que Miño siga sendo ese referente de crecemento na área da Coruña e o fogar elixido por tantas familias, e que se consolide a recuperación económica iniciada por este Goberno local. E ver avanzar proxectos cruciais como o desenvolvemento de Monte Piñeiro, a posta en funcionamento do Gadis de Costa Miño e da escola infantil de Xarío. Tamén pido aos Reis que se encarrile a construción dun instituto".
Ángel García Seoane (Oleiros)
"Un transporte público comarcal decente, o reinicio das obras da Vía Ártabra, a ampliación da ponte Pasaxe, a rotonda de Montrove, as beirarrúas nas estradas da Xunta, un centro de saúde digno na Casa do Mar de Mera e a restauración da pasarela do Castelo e da praia de Santa Cruz coa aportación da area necesaria".
Benito Portela (Sada)
"Pido que 2026 sexa o ano no que poidamos ver en execución a apertura do río Maior, un dos proxectos máis ambiciosos para a Sada do presente e do futuro. E solucións para evitar o derribo dos edificios de Fiunchedo e Sada e Contornos, pedimos avanzar neste sentido e dar tranquilidade dunha vez a todas as familias propietarias dunha vivenda".











