Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

A Deputación destina 900.000 euros para financiar os servizos de limpeza de praias nos concellos da provincia en 2026

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases da convocatoria do programa de limpeza de praias 2026, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre os municipios costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

Ademais de contribuír á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas, a campaña de limpeza de praias impulsa tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais contrátanse arredor de 300 persoas na tempada estival”, destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2026. O importe máximo que poderá recibir cada concello solicitante a través deste programa ascende a 33.840 euros e o mínimo a 6.768 euros.

A Deputación aplicará criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

No mesmo BOP do 14 de outubro publícanse as bases das subvencións para a contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, cun orzamento total de 306.000 euros, que distribuirán axudas de entre 2.500 e 10.000 € por concello para que estes podan dotarse de servizos de socorrismo durante a tempada estival.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620