Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

O Camiño Inglés confirma o seu auxe internacional e supera xa as compostelas entregadas en 2024

Peregrinos caminando hacia Compostela
Peregrinos camiñando hacia Compostela
Archivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Na mesma xornada en que o peregrino 500.000 alcanzaba O Obradoiro, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés confirma o  apoxeo  desta ruta como a de maior crecemento e mellor valoración e, a estas alturas de ano, xa se entregaron máis compostelas que en todo o ano 2024. 

En concreto, a día 19 de outubro son 28.753, cando en 2024 se rexistraron 28.065 selos ten todo o exercicio, segundo os datos recollidos pola entidade, integrada polos 16 concellos polos que discorren as súas dúas variantes, desde Ferrol ou desde A Coruña.

Ademais, entre outros aspectos salientables da enquisa realizada entre abril e setembro deste ano a 830 peregrinos destaca que, por primeira vez, os estranxeiros superaron os nacionais nun 10% (55% fronte a 45%). Un resultado que non implica un cambio nas cifras totais de compostelas, nas que os camiñantes españois seguen a ser maioría, pero sí reflicte o crecente interese internacional pola ruta e a súa capacidade de atracción en mercados exteriores, e non só no que ten orixe: as Illas Británicas.

Neste sentido, a mostra inclúe romeiros de ata 48 nacionalidades distintas, con especial aumento dos que veñen de Estados Unidos e Portugal, que case duplican os rexistros de 2023. Tamén se suman viaxeiros dos cinco continentes, con orixes tan diversas como Singapur, India, Filipinas, Australia ou Madagascar.

En canto ao nivel de satisfacción, manténse moi alto, cunha puntuación media de 4,44 sobre 5. Máis da metade dos enquisados (58%) outorgan a máxima valoración, destacando "tanto a beleza da ruta como a calidade dos servizos dispoñibles", sinala a Asoaciación de Concellos do Camiño Inglés.

O estudo tamén mostra un incremento no gasto medio diario, que se sitúa arredor dos 51 euros por peregrino, e o grupo que declara un desembolso entre 50 e 75 euros diarios pasa do 17% ao 25%. "Un indicador do impacto económico positivo do Camiño de Santiago nos concellos que atravesa", sinala a entidade, que aclara que "moitos peregrinos non contabilizaron o custo do aloxamento, polo que o gasto real podería ser aínda superior", matizan desde a Asociación do Camiño Inglés.

Tamén se confirma que, por primeira vez, as mulleres representan o 54% do total de romeiros "consolidando a imaxe do Camiño Inglés como unha ruta segura e acolledora, especialmente para viaxeiras soas ou en pequenos grupos", engade a entidade, constituida en 2019.

En canto á idade, sobresaen os camiñantes entre 45 e 54 anos, seguidos dos de 55 a 64, mentres que reducen lixeiramente o seu número os menosres de 45.

Desde o ente supramunicipal aseguran que "a maioría dos participantes (49,7%) considera que non é necesario introducir melloras" pero entre as solicitudes máis mencionadas destacan "o incremento de servizos de hostalería en determinados tramos e a redución dos percorridos por estrada (ambas cun 13% das respostas), seguidas da creación de áreas de descanso con bancos e fontes (8,5%)"

Ademáis, tamén se recollen suxestións puntuais para reforzar a seguridade viaria ou mellorar pasos peonís, "aínda que a sinalización é valorada como excelente pola gran maioría" dos enquisados neste 2025.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620