'La discreta enamorada' en el Teatro Rosalía

A comedia amorosa de enredos chega a un dos seus puntos culminantes na obra de Lope de Vega cando en 1604 escribe La discreta enamorada.


A capacidade de Lope para debuxar personaxes de enorme profundidade sen perder xamais o control da situación escénica, para describir un mundo cheo de aparencias equívocas, ou para cuestionar a rixidez das normas morais e sociais do seu tempo, acadarán nesta hilarante comedia un dos momentos álxidos do teatro do Século de Ouro.


Lope foi un enorme comediógrafo ao servizo da descrición do amor. As súas mulleres namoradas non só exhiben o seu dereito a vivir libremente as súas paixóns, loitando por ser quen desexan ser e amar a quen desexan amar; non só nos seducen coa súa intelixencia, tenrura e tesón; tamén son unha defensa da liberdade individual como ferramenta superior de construción da identidade nuns tempos nos que a formación do eu empeza a ser esencial.


La discreta enamorada de Lope atesoura versos de enorme beleza que lle van servir a unha nova promoción da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico para presentarse en público.

Fecha inicio: sábado, 10 de junio de 2023 20:30
Lugar: Teatro Rosalía
Dirección: Teatro Rosalía de Castro, Calle Riego de Agua, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 25
viernes 26