Xornada de Portas Abertas no Oceanográfico

O vindeiro sábado 10 de xuño o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) organizará a XIII edición de Xornada de Puertas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación. Esta actividade forma parte dos actos de conmemoración do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) organizados polo Instituto Español de Ocenoagrafía-CSIC.


Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:


- PESQUEIRAS SOSTIBLES: No obradoiro de pesca descubriremos como é un peixe por dentro, aprenderemos a medilos e pesalos como o fan os científicos, a distinguir o sexo dos peixes e a saber cantos anos teñen. Tamén poderás ver a estrutura microscópica dos ovarios, falaremos da selectividade das redes de pesca e dos sistemas de marcaxe de exemplares. Todas estas técnicas son importantes para asegurar a sostibilidade da pesca.


- ACUARIO: organismos como estrelas de mar, ourizos ou algas, xunto con outros menos coñecidos estarán presentes no acuario. Os nosos técnicos explicarán algunhas curiosidades destes habitantes das nosas costas.


- OCEANOGRAFÍA FÍSICA: No obradoiro de oceanografía física aprenderemos como e por que se moven os océanos. A través de diferentes experimentos falaremos das grandes correntes que percorren o planeta e tamén de fenómenos locais que suceden na nosa costa.


- PLANCTO: O próximo día 10, no obradoiro de plancto explicaremos a importancia que ten na cadea trófica mariña e o fundamental que é a nivel global. Teremos lupas e microscopios onde diferenciar o fito e o zooplancto, e ensinarémosvos a fabricar unha rede de plancto caseira por se os visitantes se animan a recoller algunha mostra este verán.


- CONCURSO DE DEBUXO "MARÍA HERMIDA": Concurso de debuxo para nenos ata os 12 anos. Faremos un carné de investigador a todas e todos os participantes e os gañadores levarán como premio unha bolsa con libros e material do IEO-CSIC.


- COLECCIÓNS MARIÑAS: presentarémosvos a colección de exemplares mariños colleitados por compañeiros dos nosos Centros Oceanográficos.


- Paneis diversos: con temática mariña.

Fecha inicio: sábado, 10 de junio de 2023 11:00
Lugar: Instituto Español de Oceanografía
Dirección: P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 10, 15001 A Coruña, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos