Mais un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña... e coma calquera neno, Álex enfádase: enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas: por que a min?, por que non podo xogar? Por que, por que e por que?...
Está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e agarimo entra de cheo na súa vida para mudarlle a ollada.