‘O porco de pé’ no Teatro Rosalía

‘O porco de pé’, de Vicente Risco, é versionada neste caso por Pepe Sendón e Quico Cadaval. A compañía Produccións Teatrais Excéntricas, con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo como intérpretes, pon en escena o texto de Risco, que hai case cen anos escribiu unha divertida sátira na que descobre unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus que se confunden coa xente burguesa.


A obra camiña entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaré, e ten hoxe unha gran vixencia. Na viaxe que propón aos anos 20 do século pasado desfilan anarquistas, capitalistas, agraristas, proxenetas, golpistas, vangardistas, caciques, mentalistas, futuristas e ata budistas, compoñendo unha sucesión de grotescos personaxes e unha historia de corrupción política e de amor.

Fecha inicio: viernes, 19 de mayo de 2023 20:30
Lugar: Teatro Rosalía
Dirección: Teatro Rosalía de Castro, Calle Riego de Agua, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 20