"Somos o que lemos" con Marta Sanz na Fundación Luis Seoane

Este xoves 18 ás 20.00h na Fundación Luis Seoane de A Coruña celébrase unha nova sesión do ciclo "Somos o que lemos" con Marta Sanz como autora invitada. O profesor e xornalista Miguel Giráldez conversará coa autora do seu libro máis recente, Persianas metálicas bajan de golpe (Anagrama, 2023). Coordina este ciclo literario Javier Pintor. Entrada libre ata completar aforo.



Marta Sanz é doutora en Filoloxía. É autora, entre outras, das novelas El frío ( 1995), Animales domésticos (2003), Susana y los viejos (2006, Finalista do Premio Nadal) e Lección de anatomía (2008). En Anagrama publicou as novelas Black, black, black (201 O), Un buen detective no se casa jamás (2012), Daniela Astor y la caja negra (2013, Premio Tigre Juan, Premio Cálamo e Premio Estado Crítico); Farándula (2015, Premio Herralde de Novela); Clavícula (2017), Pequeñas mujeres rojas (2020) e Persianas metálicas bajan de golpe (2023). Colabora en medios como El País e Público e na Cadena Ser.


Persianas metálicas bajan de golpe (Anagrama, 2023) é unha novela distópica. Un radical xogo literario. Ciencia ficción para retratar críticamente o presente. No mundo futuro de Land in Blue (Rapsodia) unha muller vive con Flor Azul, un dron a través do que mantén conversacións coa súa amiga Bibi, que en realidade é a voz dunha actriz. A muller, solitaria e desmemoriada, vive separada das súa fillas, Selva e Tina, protexidas e vixiadas por outro dron: o desencantado Obsolescencia e o adolescente Cucú. A muller habita un mundo rexido polo virtual, as empresas de paquetería e os programas do corazón, gobernado pola explotación, a represión policial e o medo á enfermidade e á morte. A banda sonora desta cidade-país-mundo é a das persianas metálicas que baixan de súpeto, un dos leitmotivs desta ópera bufa e distópica. Repleta de chiscas e referencias, da alta cultura ás cubilladas televisivas, pasando por todo tipo de parafernalia pop, a novela é un panfleto futurista, un berro de protesta, unha coreografía da desolación e, por riba de todo, unha novela neorromántica de drons namorados de mulleres ás que coidan e espían. 

Fecha inicio: jueves, 18 de mayo de 2023 20:00
Lugar: Fundación Luis Seoane
Dirección: Fundación Luís Seoane, Calle de San Francisco, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 25
viernes 26