Fabián Panisello en el Festival RESIS

O Festival RESIS da Coruña acollerá nesta terceira semana de programación un concerto da agrupación madrileña Plural Ensemble, dirixida polo seu fundador Fabián Planisello. O célebre compositor e director levará a batuta da velada, que leva o título de Pierrot Lunaire. Será o sábado 29 ás 20:00 no Museo de Belas Artes.


Este concerto toma o seu título da obra homónima do austríaco Arnold Shoenberg, que será interpretada xunto a obras de Dan Yuhas e do propio Planisello. A interpretación de Pierrot Lunaire servirá tamén para homenaxear, con motivo deste Ano Picasso, ao célebre pintor, xa que a figura de Pierrot foi recorrente na súa obra. 


As entradas poden reservarse gratuitamente en ataquilla.com, no kiosco da praza de Ourense ou no propio museo de Belas Artes.

Fecha inicio: sábado, 29 de abril de 2023 20:00
Lugar: Museo de Belas Artes
Dirección: Museo de Bellas Artes de Coruña, Calle Zalaeta, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos