Ciclo de concertos: Noites na Cidade Vella

A IV edición do ciclo de concertos Noites na Cidade Vella celébrase do 4 de setembro ao 18 de outubro con once concertos gratuítos en edificios históricos e museos emblemáticos da cidade, con entrada libre ata completar capacidade.




O programa reúne a destacados intérpretes nacionais e internacionais, como o violonchelista Santiago Cañón-Valencia ou o violinista Kevin Zhu, o guitarrista Marcos Díaz, o Quartet Hana, o Dúo Mandala, a pianista Marianna Prjevalskaya, entre outros. A Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do ciclo e dirixida por Rogelio Groba Otero, ofrecerá dous concertos especiais.



Os concertos celebraranse en espazos singulares como o Teatro Rosalía de Castro, o Paraninfo do Reitorado da Maestranza, as igrexas das Capuchinas, Santa Lucía e Dominicos, o Museo de Belas Artes, a Fundación Luis Seoane, o Palacio de Capitanía e a Sala de Exposicións do Concello.




Todos os concertos serán de acceso gratuíto, dirixidos a un público amplo que inclúe veciñanza da Cidade Vella, familias, melómanos, estudantes de música e turistas. Aprogramación inclúe tamén un concerto matinal pensado para público familiar.

Calendario

  •  4 de setembro | 20.00  – Teatro Rosalía de Castro: Santiago Cañón-Valencia (cello) 
  • 11 de setembro  | 20.00 – Paraninfo do Reitorado da Maestranza: Marcos Díaz (guitarra)
  • 13 de setembro  | 20.00 – Igrexa das Capuchinas: Quartet Hana (cordas)
  • 18 de setembro  | 20.00 – Palacio de Capitania: Dúo Mandala (violins)
  • 20 de setembro  | 20.00 – Igrexa de Santa Lucía: Orquestra de Cámara Galega
  • 26 de setembro | 19.00 - Museo de Belas Artes: Jun Hyung Lee Lee (cello) Karla Martínez(piano)
  • 2 de outubro  | 20.00 – Afundación: Marianna Prjevalskaya (piano)
  • 4 de outubro  | 20.00 – Sala de Exposicións do Concello Maria Pita: Kevin Zhu (violín)
  • 11 de outubro  | 12.00 – Matinal. Museo Belas Artes: Duo Indigo /concerto familiar
  • 11 de outubro | 20.00 - Fundación Luis Seoane: Orquestra de Cámara Galega
  • 18 de outubro | 21.00 – Igrexa dos Dominicos: Cuarteto Casals (cordas
Fecha inicio: jueves, 4 de septiembre de 2025 20:00
Fecha fin: sábado, 18 de octubre de 2025 23:00
Lugar: Diversas localizaciones
Dirección: A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos