Conferencia | 'Ecos da herdanza cética", de Luz Pozo García

O xoves 17 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto que xirará arredor da poeta Luz Pozo Garza, titulado: “ECOS DA HERDANZA CÉLTICA GALICIA E IRLANDA: VIAXE POÉTICA / MUSICAL NAS ARPAS DE IWERDDON DE LUZ POZO GARZA”

No acto participarán: Olivia Rodríguez González, Mónica Vázquez (O’Reilly), Xoán Piñón, Fran Castro e Felipe - Senén.

Entrada libre ata completar aforamento.

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

Fecha inicio: jueves, 17 de julio de 2025 20:00
Lugar: Espacio de Cultura de Amigos dos Museos de Galicia
Dirección: Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras, Calle Sinagoga, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 30
jueves 31
viernes 1