Presentación del libro 'Lúas do Orzán', de Xesús Pisón

Este mércores 11 de xuño, ás 19.30, acollemos a presentación de Lúas do Orzán, de Xesús Pisón, editado por Laiovento.

Trátase dunha escolma de obras teatrais que constitúen o núcleo máis significativo da obra de Xesús Pisón, escrita desde a conciencia de vivirmos nun mundo concibido para combater calquera acción, política, cultural, artística que tente mobilizar o ser humano contra a barbarie do capitalismo.

Xesús Pisón é, segundo el mesmo se define, un autor solitario, creador dun teatro molesto para conciencias acomodadas que estorban a súa presencia escénica. É, así mesmo, un dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha moi ampla e variada produción. Ten publicados, ademais, ensaios sobre teatro, literatura e mitoloxía, e realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas teatrais.

As súas obras foron levadas a escena, entre outras, pola Compañía Luís Seoane, a Escola Dramática galega, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor , G. T. Badius, Uvegá Teatro, 8días Teatro...

Nesta presentación participarán, ademais do autor, Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Fecha inicio: miércoles, 11 de junio de 2025 19:30
Lugar: Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Dirección: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Calle San Andrés, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos