V Congreso Internacional de Sociología y Antropología del Turismo SOCANTUR

A Universidade da Coruña acollerá os días 11, 12 e 13 de xuño a quinta edición do Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo – SOCANTUR, un foro de referencia no ámbito do pensamento crítico e interdisciplinario sobre os impactos socioculturais, políticos e económicos do turismo. O congreso terá lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, situada en Riazor, e está organizado polas facultades de Socioloxía e Turismo da UDC, en colaboración co Concello da Coruña e co apoio do Grupo de Estudos Territoriais (GET), adscrito á Facultade de Socioloxía.

O acto oficial de apertura celebrarase o mércores 11 ás 16:30 horas e contará coa participación do reitor da UDC, Ricardo Cao, así como de representantes do Concello da Coruña, da Deputación Provincial e da Xunta de Galicia.

Programa

Durante tres xornadas desenvolverase un completo programa de actividades que inclúe mesas redondas, grupos de traballo, seminarios de estudantes e espazos de networking. Entre as sesións destacadas da primeira xornada, o mércores 11, figuran a conferencia “Crítica da teoría crítica do turismo” a cargo do profesor Antón Álvarez Sousa (UDC), e a sesión especial “Conectando redes académicas”, dedicada á presentación de iniciativas e novos espazos para a socioloxía e a antropoloxía. O xoves e venres, día 12 e 13, sucederanse máis de dez grupos temáticos, que abordarán desde o turismo urbano, rural ou gastronómico ata o seu impacto ambiental, de xénero ou cultural, así como espazos interdisciplinares de reflexión.

O congreso tamén acollerá seminarios de estudantes, a presentación de proxectos premiados e mesas redondas como “Do modelo de ocio hexemónico ao ocio de calidade” ou “A divulgación de coñecemento desde a socioloxía e a antropoloxía á planificación turística”. A sesión de clausura terá lugar o venres 13 ás 13:30 horas, tras a entrega de premios a traballos fin de máster e teses de doutoramento.

Toda a información e o programa completo poden consultarse na web oficial do congreso: https://socantur.com.

Fecha inicio: miércoles, 11 de junio de 2025 16:30
Fecha fin: viernes, 13 de junio de 2025 13:30
Lugar: Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Dirección: Escuela Técnica Superior de Náutica y Máquinas - UDC, Paseo Ronda, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

domingo 8
lunes 9
martes 10