Os integrantes da Escola Municipal de danza están a pechar o curso cun feixe de actuacións coas que deleitarán ao público asistente este venres 6 e sábado 7 de xuño no auditorio Gabriel García Márquez, en Mera.
O venres 6 de xuño ás 19:00 horas terá lugar no García Márquez a función do grupo de Música e Movemento, “Un día no Museo”.
O sábado 7 ás 12:00 horas no mesmo emprazamento terá lugar a Gala multidisciplinar de Danzas urbanas, lyrical e contemporánea.
Finalmente, o vindeiro domingo 22 de xuño, no Teatro Colón da Coruña, celebrarase a función de fin de curso do alumnado de danza clásica e contemporánea co espectáculo denominado “Unha viaxe á Antiga Grecia”.
A entrada é de balde e aberta a toda a cidadanía ata completar a capacidade da sala.