O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 13 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 8, desde as 11:30 horas.
Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:30 horas, no Parque Luís Seoane desde as 11:30 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 12:00 horas.
Pola tarde celebrarase o gran musical MAMMA MIA! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola municipal de Danza.
A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.
Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.
Consulta todos os horarios das diferentes actuacións nas rrss e web do Concello de Oleiros.