Este venres, 6 de xuño ás 19.30 horas, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza, coa Fundación Galiza Sempre, a palestra "BRICS. A transición cara unha orde mundial alternativa", na que estará o sociólogo e analista internacional, Aníbal Garzón.
Fronte ao silencio político e mediático, abordaremos a lóxica do nacemento dos BRICS desde unha perspectiva histórica, as mudanzas que adaptou ao longo destes anos e a importancia do proxecto no panorama actual.
Acompañará a Aníbal Garzón, Montse Prado, membro do Padroado da Fundación Galiza Sempre.