Festival 'Aquí tamén se fala galego'

O IES Rafael Dieste acolleu esta mañá a presentación do festival ‘Aquí tamén se fala’, que terá lugar o venres 13 de xuño a partir das 17.00 horas na praza da Tolerancia. A deputada de lingua, Soledad Agra, destacou durante a súa intervención no acto a “afouteza, alegría e o inconformismo da mocidade” que se plasma nesta reivindicación da “lingua, a cultura e o patrimonio inmaterial que nos transmitiron as nosas cantareiras desde fai séculos”. A entidade provincial apoia a celebración deste festival cunha achega de 18.000€.

Os grupos Dios Ke Te Crew; Boyanka Kostova; Alana; Pava e Ulex serán os encargados de poñer a música a este proxecto que, tal e como sinalou a deputada, “demostra que o galego está vivo e que aos datos estatísticos pode dárselle a volta”. Neste sentido, Agra agradeceu o traballo da organización, “ao equipo de normalización lingüística do IES Rafael Dieste, e especialmente a Alberto Pombo, Arcadio González, e Mónica Reigía, pero tamén á dirección do centro”, e á “rapazada que se sumou á iniciativa” celebrando que “temos lingua propia e estamos orgullosas dela”.

Fecha inicio: viernes, 13 de junio de 2025 17:00
Fecha fin: viernes, 13 de junio de 2025 00:00
Dirección: Praza da Tolerancia, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

domingo 25