Lectura e obradoiro para aprender pezas das cantareiras polo Día das Letras Galegas

O domingo 18 de maio ás 12 horas a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega (AELG), realizará un acto polo Día das Letras Galeggas diante do Teatro Rosalía.




Como cada ano, convidan a ler un texto de poesía popular ou calquera texto sobre a lingua galega. E como a música e a poesía camiñan xuntas, haberá lecturas, cantos e este ano haberá algo moi especial: un obradoiro aberto dirixido por Marta Pumares, pandereteira e gran coñecedora da nosa música tradicional, onde se poderá aprender tres pezas do repertorio das cantareiras homenaxeadas.

Fecha inicio: domingo, 18 de mayo de 2025 12:00
Fecha fin: domingo, 18 de mayo de 2025 14:00
Lugar: Teatro Rosalía
Dirección: Teatro Rosalía de Castro, Calle Riego de Agua, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos