Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Charla cantada con Xosé Luís Rivas "Mini"

Este venres 16 de maio, ás 19.30 h, teremos connosco a Xosé Luís Rivas “Mini” para ofrecernos unha charla cantada, para deste xeito celebrar o Día das Letras Galegas.

Esta charla cantada versará sobre a música tradicional coma conservadora e xeradora da nosa identidade. Música e canción que residiron no pobo chao e que serviron para resistir os embates da aculturación e dar vida á vida colectiva e aos soños.

Xosé Luís Rivas Cruz, coñecido como Mini, é un músico, político e mestre. Destacou como integrante do dúo Mini e Mero, un referente da música tradicional galega dende os anos 70, vencellado ao grupo Fuxan os Ventos e ao colectivo Nova Canción Galega, comprometido coa recuperación e difusión do patrimonio musical galego.

Ademais da súa traxectoria musical, Mini tamén desenvolveu unha carreira como docente e foi deputado no Parlamento Galego polo BNG entre 2016 e 2023.

Fecha Inicioviernes, 16 de mayo de 2025 19:30

Fecha Findomingo, 31 de diciembre de 1899 23:45

LugarAsociación Cultural Alexandre Bóveda

Dirección Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Calle San Andrés, A Coruña, La Coruña, España

Mapa de ubicación