Ruta por O Courel

O sábado 31 de maio celebrarase unha nova ruta do programa Andares por Galicia: Ruta polo Courel: da Devesa da Rogueira á Seara e fervenza de Vieiros. 

As persoas participantes visitarán puntos de interese como a Devesa da Rogueira, Fontes do Cervo (augas calcáreas e ferruxinosas), Miradoiro do Pico Polín, Campa da Luzenza, fervenzas do Fócaro e de Vieiros no río Selmo, aldea de montaña de A Seara, castelo de Carbedo e microreserva de orquídeas do Alto do Couto... para rematar cunha visita cultural ao Museo Etnográfico de Quiroga ou Colección de instrumentos de Música de raíz da Fundación Legar na Seara. 

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 31 de maio contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 13 de maio ás 10.00 horas.

Fecha inicio: sábado, 31 de mayo de 2025
Volver a la Agenda

Próximos eventos

martes 10