Martin Pawley dará unha conferencia este xoves, día 08 de maio, ás 19.30 h, na AC Alexandre Bóveda para falar da actriz portuguesa Isabel Ruth.
Non hai persoa no mundo que represente tan ben un cinema nacional como Isabel Ruth respecto do cinema portugués. Ao longo de sesenta anos de carreira e até a actualidade, Isabel traballou con algúns dos maiores cineastas do país, realizadores de diferentes xeracións como Manoel de Oliveira, Paulo Rocha, António de Macedo, Fernando Lopes, Rita Azevedo Gomes, Teresa Villaverde, Manuel Mozos ou João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata. Amiga de Pasolini, viaxeira intrépida e muller intelixente e libre, Isabel Ruth é unha lenda viva cuxa fascinante traxectoria celebramos nesta sesión.
Esta actividade forma parte do ciclo Outras historias de cinema que imparte Martin Pawley, produtor, crítico e programador de cinema.