Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Presentación del libro "Cadernos da desmemoria", de Manuel Teira.

Cadernos da desmemoria ofrécenos 50 poemas tallados nunha rica e complexa linguaxe, entre culta e popular, nos que sobrancean temas como a rememoración e a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto, todo tinguido de certo malditismo vital. Poesía introspectiva pero vitalista, cargada de experiencias persoais, feita de imaxes fragmentadas e inestábeis, e comprometida coa liberdade e a resistencia persoal e intelectual. Pese á súa crueza poética, mantén un alto nivel de lirismo e beleza que busca transformar a nosa experiencia lectora.

Manuel Teira está vinculado dende moi novo ás vangardas artísticas e a proxectos creativos, desenvolveu dende a década do 70 unha longa actividade cultural. Poeta, colaborador da revista universitaria Dorna, autor do poemario Detido nos Confíns publicado no ano 2000. Ten participado en libros colectivos, Por Man Propia, Voces na Materia, A Cor dos Soños e Luces na Cidade. Ilustrador da tradución de Manuel Cartea, Iluminacións, e Unha tempada no inferno, de Arthur Rimbaud. Colaborador como articulista da Voz de Galicia. Pintor e escultor, con numerosas exposicións individuais e colectivas.

Acompañará ao autor o tamén escritor Antom Laia.

Fecha Iniciomiércoles, 7 de mayo de 2025 19:30

Fecha Finmiércoles, 7 de mayo de 2025 21:00

LugarXD da AC Alexandre Bóveda 

Dirección Rúa San Andrés, 36, 1º, 15003, A Coruña

Mapa de ubicación