"7º Festival de primavera" Recital de poesía e música

Un ano máis, con motivo do Día Internacional da Poesía, celébrase esta xornada especial para honrar a palabra e a música. A poesía será protagonista grazas á participación de catro alumnas de 2º de ESO do IES Manuel Murguía, que compartirán as súas interpretacións poéticas: Jazmín Rubio Pardo, Estela Vilar Blanco, Sara Abajo Santos e Alicia Míguez Campello. Tamén contaremos co acompañamento de tres poetas senior, de gran prestixio na nosa comunidade literaria: Henrique Rabuñal, Miguel Sande e Alfredo Ferreiro. A xornada será acompañada pola Banda de Música da EMMA. Unha ocasión única para desfrutar dunha tarde de cultura e arte, na que a poesía e a música se entrelazarán para crear un ambiente máxico e inspirador.
Venres 21 de marzo / 20:30 h / Auditorio CCC Arteixo Manuel Murguía