Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Proxección do documental ‘Salvaxe, salvaxe’

Este mércores, 19 de marzo, o CEIDA, en colaboración co Concello de Oleiros e a Deputación da Coruña, organiza a proxección do documental ‘Salvaxe, salvaxe’, do director ourensán Emilio Fonseca, producido por Walkie Talkie Films. A película, premiada xa en seis festivais de cine como o de Málaga ou Guadalajara (México) e finalista aos Premios Mestre Mateo como mellor documental 2024, adéntrase nos montes galego-portugueses rastrexando imaxes e ausencias do lobo ibérico, para cuestionar a relación entre humanos e non humanos.

O preestreno levarase a cabo no Auditorio de A Fábrica do Concello de Oleiros (Calle del Inglés, 13, Perillo), ás 20 horas, e ao remate do mesmo, contará cun coloquio co director Emilio Fonseca, e a coprodutora e coguionista, Xiana do Teixeiro.

Fecha Iniciomiércoles, 19 de marzo de 2025 20:00

Fecha Finmiércoles, 19 de marzo de 2025 22:00

LugarAuditorio de A Fábrica do Concello de Oleiros

Dirección Rúa Inglés 13, Perillo, Oleiros, España

Mapa de ubicación