Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Concerto de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo

O salón de actos da Academia Galega de Belas Artes acollerá este martes ás 20.00 horas o concerto “Ausencias” que protagonizarán o pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo. Nel inclúense as catro cancións finalistas da IIIª edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais que vén organizando anualmente a Fundación do escritor para premiar a mellor canción de música lírica realizada sobre un poema de Manuel María (achégase o programa completo con esta nota).

'O Carro' de María Mendoza, 'Mito' de Luis Serrapio Fernández, 'Galiza' e 'Neno' de Saúl Aguado de Aza foron as pezas finalistas da IIIª edición do concurso que se celebrou o pasado 26 de outubro na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, resultando premiada a canción 'Neno' de Saúl Aguado de Aza, compositor, pianista e editor musical formado no Conservatorio Superior do Escorial e actualmente traballando para o Instituto Complutense de Ciencias Musicales de Madrid (ICCMU).

Esta actividade forma parte do programa Martes das Artes que está coordinado polo compositor e académico Juan Durán. A entrada será libre até completar o aforo do salón de actos da Academia Galega de Belas Artes (praza pintor Álvarez de Sotomayor, 1 (Panadeiras).

Fecha Iniciomartes, 7 de enero de 2025 20:00

Fecha Finmartes, 7 de enero de 2025 23:00

LugarBelas Artes

Dirección Real Academia Galega de Belas Artes, Plaza del Pintor Sotomayor, A Coruña, La Coruña, España

Mapa de ubicación