Este mércores ás 19.00 horas na asociación veciñal de Monte Alto, ADEGA organiza unha charla coloquio para explicar a xestión do lixo e o modelo da Coruña.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha entidade que promove a conservación do medio ambiente na nosa comunidade. Este mércores colabora coa asociación Veciñal de Monte Alto para organizar unha charla coloquio: "Que facemos cos residuos?”, Nela explicarase o Modelo Nostián de xestión de residuos e as súas particularidades, tamén o uso do quinto contedor e, en definitiva, todo o proceso polo que atravesa o lixo dende que sae das nosas casas.