Concierto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música da Coruña dá continuidade esta fin de semana á súa programación do ciclo de outono, que volve ao Teatro Colón con ‘Cantos galegos’, un concerto temático que levará ao público a unha viaxe musical polas tradicións e paisaxes da nosa terra.


O director David Fiuza será o encargado de levar a batuta. Nado en Vila de Cruces (Pontevedra), Fiuza formouse en clarinete no Conservatorio Superior de Vigo e, xa posteriormente, ampliou os seus estudos en Maastricht (Países Baixos). No seu percorrido profesional dirixiu, como convidado, á Orquestra Simfónica da Compañía Portuguesa da Ópera. Tamén como titular, na Mallorca Saxophone Ensemble. 


A actuación, que terá lugar este domingo ás 12.15 horas, tamén terá protagonismo Adrián Silva Magdalena, que acompañará a Banda como solista ao frautín.


A primeira parte do concerto incluirá pezas de compositores galegos, que tamén asistirán co concerto. Serán o pontevedrés José Bugallo Senra; Manuel Otero Payno, de Loimil (A Estrada); e o compostelán Fernando Buide. A segunda parte da actuación orbitará en torno á suite sobre cantos galegos do ilerdense Enric Granados.



Fecha inicio: domingo, 27 de octubre de 2024 12:15
Fecha fin: domingo, 27 de octubre de 2024 14:15
Lugar: Teatro Colón
Dirección: Teatro Colón, Avenida Marina, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 2
jueves 3