Agenda
Exposición de Carmen Seijas na casa-museo de María Antonia Dans

Esta mañá, con motivo do Día da Muller Rural, inaugurouse a exposición de Carmen Seijas na casa-museo de María Antonia Dans.
En concreto, dende hoxe pódense contemplar ou comprar un total de 16 pezas pictóricas realizadas pola betanceira nas que aborda a figura da muller, e a través das que se explora temas relacionados coa identidade femenina, o corpo e as emocións así como a vinculación da muller e a natureza, a terra e o rural.
O horario da casa-museo é de martes a venres de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Os fines de semana, sábados e domingos só en horario de mañá. de 10:00 a 13:00 horas.