Mercado das Nubes de Outono

O mercado municipal de San Agustín acollerá esta fin desemana o Mercado das Nubes de Outono, unha iniciativa promovida polo Concello conunha ampla variedade de propostas comerciais, musicais e gastronómicas. O eventocelebrarase este venres, sábado e domingo na planta superior do mercado.

O Mercado das Nubes é un mercado urbano no que mercar de maneira sostible eresponsable, visibilizando o talento, a creatividade e a diversidade de propostas de máis de 50 participantes, que apostan polo deseño, a creatividade, a ecoloxía e a proximidade.

Nesta edición hai confirmada a presenza de máis de 50 marcas locais e microempresas de roupa, arte, cosmética natural, decoración, gastronomía, artesanía e causas solidarias.

Ademais, está prevista a participación do grupo Coruña Cociña, en colaboración con Maridaxes KmC de Estrella Galicia. Nesta edición participarán Chisco Jiménez, de Culuca, o sábado de 13.00 a 14.30 horas preparando a súa ensaladilla rusa e Antonio Amenedo do Pazo de Santa Cruz, o domingo no mesmo horario, preparando callos.

Haberá ademais catro actuacións musicais ao longo dos tres días: o venres ás 19.00 actuará Diana Pombo, o sábado ás 13.45 será a quenda de Iván es Juan, o sábado en sesión de tarde a partir das 18.30 estará Javi Regueiro e o domingo ás 13.45 horas pechará o espazo musical Erik Leipeich. Por outra banda, haberá unha zona infantil para nenos e nenas con persoas coidadoras ao seu cargo.

O horario do Mercado das Nubes de Outono será: o venres 11 de 17.00 a 21.00, o sábado 12 de 11.00 a 21.00 e o domingo 13 de 11.00 a 18.00 horas.

Fecha inicio: viernes, 11 de octubre de 2024 17:00
Fecha fin: domingo, 13 de octubre de 2024 18:00
Lugar: Mercado municipal de San Agustín
Dirección: Praza San Agustín, 1, 15001 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 2
jueves 3