Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Festval pola paz e contra as guerras

Este xoves, 3 de outubro, ás 20:15 h terá lugar unha nova edición do festival “Pola paz e contra as guerra”, artes escénicas e circenses para reivindicar o dereito a vivir en paz.

O festival Pola Paz e Contra as Guerras quere poñer o foco sobre as guerras e facer un chamamento pola solidariedade. Promovida pola Asociación Agra de Orzán e coordinada por Pallasos en Rebeldía, participan nela a monologuista Leti da Taberna, a compañía de circo Desastronauts, o músico Mondra e o mago cómico Dani Blanco, presentados polo pallaso Fran Rei e coa participación de Iván Prado, representante de Pallasos en Rebeldía.

As guerras atravesan os cinco continentes. Unhas máis mediáticas, outras permanentes, algunhas completamente esquecidas. Máis ca nunca é preciso alzar a voz e clamar en contra dos conflitos que atravesan de violencia a vida das persoas que os padecen, especialmente as crianzas, en beneficio dos intereses duns poucos.

Este festival, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Duración: 75 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 3 de outubro ás 20:15 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde. Non fai falla retirar billetes nin reserva previa.

Fecha Iniciojueves, 3 de octubre de 2024 20:15

Fecha Finjueves, 3 de octubre de 2024 21:30

LugarAuditorio do Centro Sociocultural Ágora

Dirección Avenida Gramela 17, A Coruña, La Coruña, España

Mapa de ubicación