Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Teatro en Oleiros: "As Alumnas"

Concello de Oleiros acolle este sábado 5 de outubro, ás 20:30 horas, no auditorio de Mera; o espectáculo As alumnas de Paula Carballeira, dirixida por Fina Calleja.

AS ALUMNAS é unha obra de teatro onde se presenta a dúas mulleres, antigas alumnas da mestra María Barbeito, que volven atoparse ao falecer esta última en 1970. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, o público irá descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, o medo, a rebeldía...

A duración do espectáculo é de 70 minutos e está dirixido a público maior de 12 anos.

O prezo da entrada é de 4,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com (desde o domingo 29 de setembro ao sábado 5 de outubro ás 19:00h) ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.

Fecha Iniciosábado, 5 de octubre de 2024 20:30

Fecha Finsábado, 5 de octubre de 2024 22:00

LugarAuditorio Gabriel García Márquez

Dirección Rúa Chelito 15177, Oleiros, A Coruña, España

Mapa de ubicación