Seguindo coas actividades dos “Martes de las Artes” o martes 24 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia "Pascual Veiga, o músico da Nazón de Breogán (1842-1906)" que pronunciará Fernando López Acuña, membro da Real Academia Galega.
A conferencia será presentada polo académico numerario da Sección de Música, Juan Durán Alonso.
Todos os actos dos martes terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
DÍA: martes 24 de setembro
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1).