Función de teatro 'HUGO'

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO é, en definitiva, un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse. Unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes.

Compañía: Os Náufragos Teatro.

Autor e director: Gustavo del Rio.

Elenco: María Roja, Jimmi Núñez.

Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil 2022.

Público: + 5 anos.

Duración: 40 minutos.

Espectáculo en galego.

Fecha inicio: sábado, 16 de noviembre de 2024 18:00
Lugar: Forum Metropolitano A Coruña
Dirección: Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos

viernes 7