Teatro documental: Mulleres que viven soas

As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Sospeitosas de amargura, de escuridade, de intencións ocultas. As mulleres que viven soas son bruxas. Protagonizada por tres mulleres, as Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare.

Tres bruxas que encarnan os males deste mundo que nos serven de referencia para rir da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. #MQVS é un espectáculo híbrido entre o teatro documental, a stand-up comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.

Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz.

Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha, Vero Rilo.

Autoría: Paula Carballeira.

Compañia: Berrobambán.

Comedia I 50 minutos I Público: +14 años I Idioma: galego.

Fecha inicio: viernes, 8 de noviembre de 2024 20:30
Lugar: Fórum Metropolitano A Coruña
Dirección: Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 2
jueves 3