Iria Pinheiro e Mónica de Nut presentan Kennebec, un proxecto innovador de música experimental e electrónica.
O espectáculo racha cos estereotipos na música e explora os límites da palabra e das obras creativas. Un concerto experimental que combina música electrónica e textos poéticos, promete mergullar a audiencia nunha viaxe artística inusual e cativadora. A fusión das traxectorias artísticas de Mónica de Nut, a cargo das sonoridades, e Iria Pinheiro, autora dos textos, dá lugar a unha experiencia única que explora novas formas de traballar coa palabra.
Dirección: Kennebec.
Elenco: Iria Pinheiro e Mónica de Nut.
Autoría: Iria Pinheiro e Mónica de Nut.
Compañia: Iria Pinheiro.
Narración oral I 60 minutos I Idioma: galego.
ENTRADA: 9,00 €.
Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas: 7,00 €.
VENDA DE BILLETES
•Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
Despacho de billetes do Fórum: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).