Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Desexo: unha comedia de Diego Rey

Que é o que máis desexas nesta vida? Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo? Ata onde chegarías para conseguilo? Amosarías detalles íntimos da túa vida? Ensinarías o teu corpo por diñeiro? Que farías para evitar que a túa parella te deixase? E para conseguir seguidores?

DeseXo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos. É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.

Autoría: Diego Rey.

Compañia: Talía Teatro.

Dirección: Diego Rey.

Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo.

Comedia I 70 minutos I Público: +12 años I Idioma: galego.

ENTRADA: 9,00 €.

Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas: 7,00 €

VENDA DE BILLETES

A través de Ataquilla.com.

Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Fecha Inicioviernes, 4 de octubre de 2024 20:30

Fecha Findomingo, 31 de diciembre de 1899 23:45

LugarFórum Metropolitano A Coruña

Dirección Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña

Mapa de ubicación