A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación é a terceira actividade dentro do Programa Ando na Coruña do ano 2024. Alfredo Vigo Trasancos é un recoñecido especialista en temas de arquitectura e urbanismo, especialmente do século XVIII e particularmente do Barroco e a Ilustración. Da súa man, coñeceremos algunhas das construcións residenciais que se edificaron na Coruña no século XVIII e que lle deron á cidade unha imaxe absolutamente innovadora.