Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade).
A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada... e facer un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).
Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Público: Todos os públicos (a partir de 4 anos)