A carreira Costa Ártabra, a beneficio do Comité Antisida da Coruña, terá dous percorridos: un de dez quilómetros no que as persoas participantes sairán ás 9.30 horas da rúa Meixón Frío, en Oleiros, atravesará a ponte da Pasaxe e chegará pola avenida do Exército ata O Parrote.
O segundo percorrido será dunha milla que sairá ás 11.30 horas do Parrote e transcorrerá pola Dársena. Nesta última poderán participar persoas nadas entre os anos 2007 e 2014.