O ciclo Culleredo en Escea presenta este venres 'Esas cousas marabillosas', de Empatía Teatro. Este espectáculo, que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña, é unha sorprendente e emocionante comedia sobre o suicidio.
A entrada é gratuíta e poden reservarse no 981 665 597 ou no edificio de Servizos Múltiples de 18:00 a 21:00 horas.