CICLO DE CONFERENCIAS "FRANCISCO ASOREY"

Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024”, o vindeiro martes 26 de marzo dará comezo un Ciclo composto por 4 conferencias dedicado ao escultor “Francisco Asorey”, figura homenaxeada nesta edición.

Asorey é un dos renovadores da Arte Galega, cunha intensa, singular e monumental obra repartida por toda Galicia, Euskadi e mesmo Cataluña, Bos Aires e Montevideo. Obra de carácter modernista, que busca os contrastes, mesmo de pedras e madeiras, con fondo simbolismo, esencialmente baseado nas tradicións galegas, as que entendía, como moitos compañeiros galegos de xeración, nesa interrelación céltica de paisaxe e paisanaxe.

A primeira conferencia titulada “O espírito na escultura de Asorey” terá lugar o martes 26 de marzo e será impartido polo historiador da cultura galega e académico Felipe-Senén López Gómez. O día 1 de abril, Maribel Iglesias Baldonedo, historiadora e investigadora impartirá a palestra “Forma e símbolo na escultura de Francisco Asorey”. O Ciclo continuará o martes 2 de abril coa charla “Francisco Asorey no seu contexto” a cargo do Catedrático de Historia da Arte José Manuel López Vázquez. Por último, o mércores 3 de abril concluirá o Ciclo coa conferencia “Espazos de Asorey en Compostela (Un paseo por Santiago de Compostela con Francisco Asorey” que será impartida pola filóloga e investigadora Mercedes Espiño Amil.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

Fecha inicio: martes, 26 de marzo de 2024 20:00
Lugar: Real Academia Galega das Belas Artes
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 23
jueves 24
viernes 25
sábado 26
miércoles 30