Teatro infantil | 'Ninja'

'Ninja' é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.

Público: a partir de 5 anos

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser ninja! Adestra todos os días para pasar inadvertida e observar os demais como unha auténtica ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser ninjas, senón para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visibles e cambien as tornas na escola.

Con: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Autoría e dirección: Pepablo Patinho

Escenografía, deseño de son e de iluminación e vestiario: Ghazafelhos

Música: Bellón Maceiras

Fecha inicio: viernes, 26 de enero de 2024 18:30
Lugar: Casa da Cultura Pintor Lloréns
Dirección: Casa da cultura de Sada "Pintor Lloréns", Avenida del Puerto, Sada, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos